A Unidade Veciñal de Dodro presenta a súa candidatura e fai balance de logros na actual lexislatura

05 Maio 2023

A Unidade Veciñal de Dodro presénntase por terceira vez as eleccións municipais coa experiencia de catro anos na oposición e as catro últimas no Goberno municipal, xestionando as areas de Cultura e Patrimonio (da man de Xoán Xosé Vicente) e a de Educación Deportes e Emprego (Abel Tarrío Abuín). Na presentación do programa e da lista, a UVD salientou a consecución de grandes avances nas súas respectivas áreas, como a rehabilitación das escolas do CRA e o investimento de 1.403.320,65 € na rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, a recuperación do Hórreo do Arco, os Petróglifos de Bouza Abadín ou a Ruta Pensa Nao, que “son avances moi valorados tanto polos veciños de Dodro como por quen visita este concello”, explicaron.

Preséntase de candidato a alcaldía Xoán Xosé Vicente cunha lista completa de homes e mulleres, a de mais candidatos de todo o concello, onde priorizarán “a recuperación das instalacións municipais do Pavillón Polideportivo ou a Casa do Regadío e o incremento de servizos para a nenez e as persoas maiores, sen esquecerse do río, a mellora do PXOM e a total colaboración co tecido asociativo e veciñal como medio para logralo”.

O acto desenvolveuse no auditorio do local social da AAVV de San Xoán de Laíño en Imo, ante numerosos veciños que ateigaron o recinto. A cita foi amenizada polo músico local Secho que cantou o tema (entre outros) Fano eles, que xa é o himno deste partido político.

A presentación levouna a cargo Vitoria Rei, ex-concelleira da Corporación municipal de Dodro, que foi dando paso aos catro primeiros postos na candidatura, Amparo Angueira, Abel Tarrío, Rebeca Rial e Xoán Xosé Vicente Franco.

Xoán Xosé Vicente Franco, candidato á alcaldía, fixo fincapé en dúas cuestións fundamentais: a mocidade e os maiores ou a necesidade de apoio a estes dous colectivos tan importantes nun concello rural coma Dodro. E tamén puxo o foco nos obxectivos acadados nesta lexislatura nas áreas nas que tiveron responsabilidades políticas e que cumpriron practicamente en toda a totalidade e recalcou o compromiso da Unidade Veciñal de Dodro coa cultura e patrimonio, co idioma galego, coa educación e sanidade pública, co feminismo, co deporte e coa necesidade de traballar polo ben común.

Rematou o acto cunha xuntanza arredor duns petiscos onde os candidatos intercambiaron ideas e obxectivos cos veciños asistentes.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.