A Pobra impulsa unha xornada de seguridade e emerxencias de ámbito comarcal

25 Maio 2023

A comezos do mes de xuño realizarase a I Xornada de Confraternidade da Seguridade e Emerxencias da comarca do Barbanza que promove a Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Mancomunidade Barbanza Arousa.

Destinada aos diferentes corpos de toda a contorna, esta cita “busca afianzar lazos e unificar criterios que redunden nunha mellora dos distintos dispositivos”, segundo explicaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo; e a xerente do ente supramunicipal, Fátima Cachafeiro.

O evento vertébrase en tres piares: exposición, charlas e simulacro. Unha exhibición de medios para a comunidade educativa marcará o inicio desta xornada no día 1 coa asistencia de máis de medio milleiro de escolares. A despregadura de recursos concentrarase na praza Alcalde Segundo Durán, dende as 09.00 ata as 14.00 horas.

Pola tarde será a quenda dos simposios, a partir das 16.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Membros do distrito forestal IV impartirán Radiografía dun lume forestal. Deseguido, o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil da Xunta, José Antonio Grandas Arias, falará sobre mobilización de medios dispoñíbeis para afrontar unha emerxencia.

Tamén haberá unha mesa redonda composta por un membro de cada equipo actuante ante unha emerxencia. Presentarase, ademais, o Plan de Autoprotección do río das Pedras, elaborado pola Administración local pobrense. Os ditos coloquios estarán abertos ao público en xeral.

Precisamente o referido espazo natural será escenario no día 2 dun simulacro de lume forestal, evacuación e rescate, en horario de mañá, que lle porá fin a esta primeira edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.