
A Parroquia de San Martiño de Oleiros celebra este venres e sábado as Festas en Honra da Virxe de Fátima.
O venres 12 unha das parroquias maís antiga de Ribeira deedicará a xornada a Xesús Nazareno. As 12 iniciarase a festa conas tradicionais bombas de palenque para pola tarde as gaitas de Os Salgueiriños recorrerán as rúas da ferigresía. As 20.30 celebrarase a misa en honor a Xesús Nazareno cantada polo coro do Bon pastor de Castiñeiras. A xornada rematará as 22.30 terá lugar a verbena a cargo de Fussión
O Sábado día 13 a celebración será en honra da Nosa Señora de Fátima.
as 10 da mañá as bombas de palenque darán paso o seguno día de festa. As 10.30 horas novamentee as gaitas de Os Salgueiriños percorrerán as rúas da parroquia,
As 16 horas haberá inchables e as 18 horas os Mariachi Juvenil Ni Tierra.
As 20 horas misa en honra da Nosa Señora de Fátima, pola Paz no mundo e polos seres queridos. A continuación celebrarase a procesión das velas e o remat dos actos relixiosos haberá pinchos para os asistentes.
Xa as 22.30 verbena a cargo do Grupo Puzzle e a medianoite fogos de artificio a cargo da pirotécnia Rasúa.
Remata a festa na madrugada do domingo coa actuación de Pili Pampín e a discoteca móbil Eme Music Machito e Mateo Abelleira



