A nosa comarca festexa as Letras Galegas cunha nova romaría no Pazo de Goiáns

11 Maio 2023

Sen dúbida unha das grandes celebracións culturais da nosa comarca e da xeografía galega, neste mes de maio, será a doceava edición da Romaría das Letras no Barbanza, que se celebrará o 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Pazo de Goiáns en Boiro. O evento, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, Concello de Boiro e a Deputación, comezará ás 11.00 horas, coa apertura de portas, a feira e a exposición, para colle impulso ás 12.00 coas actuacións na eira do Pazo de Xilbarbeira e o Grupo de Baile de Abanqueiro.

Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú nos xardíns con Habelas Hainas e ás 14.30 celebrarase un xantar popular cos Pequenos do Barbanza. Máis tarde, ás 16.00, haberá presentacións literarias con Os Quinquilláns: Cantigas quero eu lembrar de Xulio Gutiérrez (con actuación musical de Os Menestreis) e Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, de Xosé L. Franco Grande e Anxo X. Rajó Pazo (Ir Indo). Pola tarde, ás 17h, haberá café-concerto con Caamaño e Ameixeiras, e ás 17.30 unha zona infantil con Rudy Dudy Clown. Ás 18h volve o baile galego con Aroña e Abeloura, e ás 18.30 está previsto un espectáculo teatralizado do Grupo Airiños, de Asados (Rianxo), que celebra o seu 90 aniversario. A romaría remata ás 20h cun concerto de peche a cargo de A Banda de Loba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...