
Xa transcorreron uns trinta anos do “Cume da Terra” das Nacións Unidas no Río de Janeiro, onde persoas de todas as condicións sociais puxéronse de acordo para reformular o desenvolvemento económico e atopar formas de deter a destrución dos recursos naturais e a contaminación do planeta. Estas aspiracións recolléronse máis tarde nos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio destinados a garantir que o desenvolvemento humano chegue a todas as persoas e a todos os lugares do planeta, sen sacrificar o medio ambiente.
Desde entón moitas cousas cambiaron e xa ninguén pon en dúbida a importancia que ten o medio ambiente para determinar o benestar da humanidade. Nin sequera podemos empezar a loitar contra a pobreza se non mantemos os sistemas naturais que sustentan as nosas sociedades e economías. Os máis pobres de entre os pobres dependen para vivir da natureza e do que esta lles ofrece.
Por iso os cidadáns, a título individual ou a través de organizacións non gobernamentais, tamén temos que mobilizarnos levando as protestas á rúa así como adaptando patróns de consumo para reducir os impactos ambientais e conseguir uns beneficios xustos para os produtores en países en desenvolvemento. O importante é que a globalización aféctanos a todos e que estamos a empezar a ser conscientes do feito de que non carecemos de poder e que se queremos podemos cambiar as cousas.



