A Biblioteca de Ribeira acolle unha mostra bibliográfica adicada a Fernández del Riego

03 Maio 2023

Dentro das actividades do Maio Cultural de Ribeira e das celebracións do vindeiro 17 de maio, a Biblioteca Municipal de Ribeira está a albergar unha exposición bibliográfica dedicada a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Está formada por unha trintena de obras de ou en torno a este autor e intelectual, que foi presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001.

A mostra estará aberta ata o 31 de maio.

Vida e obra do autor

Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1917) foi un escritor, intelectual e político galego que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega, o que fixo del unha das personalidades máis destacadas da nosa terra.

Ingresou como membro de número da RAG no ano 1960. Tres anos despois, a institución dedicáballe a Rosalía de Castro, no centenario de Cantares Gallegos, o primeiro Día das Letras Galegas, unha proposta que, co apoio das firmas dos académicos Ferro Couselo e Gómez Román, presentase ao pleno aquel novo académico “cheo de desexos renovadores” que contaba xa cunha “sólida historia de compromiso coa lingua e a cultura galegas e a modernidade”.

A Academia sinalou nun comunicado que Fernández del Riego demostrou o seu compromiso desde os seus anos de estudante en Santiago de Compostela durante a II República. Con 20 anos os seus compañeiros elixírono para pronunciar o discurso de representación do alumnado na inauguración oficial do curso 1933-1934, o que demandaba unha universidade foco de modernización e galeguización da sociedade.

Máis aló das aulas, foi membro do Partido Galeguista, secretario xeral da Federación de Mocidades Galeguista e, posteriormente, parte do Seminario de Estudos Galegos.

Na súa etapa en Compostela comezou tamén a escribir nos xornais como articulista, redactou manifestos, pronunciou discursos e conferencias, participou na constitución de Galeuzca e integrouse desde o primeiro momento na comisión encargada de redactar o proxecto do Estatuto de Galicia.

Posteriormente, como moitos outros compañeiros, Fernández del Riego foi represaliado polos golpistas e destituído como profesor de Dereito Civil da USC, polo que tivo que abandonar Santiago de Compostela e instalarse en Vigo, “onde era menos coñecido e sobreviviu dando clases particulares”.

Despois da posguerra volveu de novo a escribir co pseudónimo de Salvador Lorenzana no xornal compostelán La Noche. Xunto a Ramón Otero Pedrayo, conseguiu que os temas sobre Galicia e a súa cultura alcanzasen cada vez “unha maior presenza e proxección”, atraendo cara a eles plumas ata o momento caladas como as de Florentino López Cuevillas, Valentín Paz Andrade, Vicente Risco, Ricardo Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro e os irmán Álvarez Blázquez.

En América foi onde publicou o seu primeiro libro, Cos ollos do noso esprito (Buenos Aires, 1949).

Na década dos 50, Fernández del Riego participou “moi activamente nos diferentes proxectos que buscaban a recuperación do proceso cultural de Galicia”, en concreto, na creación da Editorial Galaxia. Ademais, foi tamén co-fundador de revístaa Graal (1951) e da Fundación Penzol (1964), da que acabou sendo director ata o seu falecemento.

No ámbito do ensaio, asinou, entre outros títulos, Galicia non espello (Buenos Aires, 1954), Historia da literatura Galega (Vigo, 1951), Escolma de poesía galega. Os contemporáneos (Vigo, 1955), Escolma de poesía galega. O século XIX (Vigo, 1957), Letras do noso tempo (Vigo, 1974), Dicionario de escritores galegos (Sada, 1990) ou Sinais dunha cultura (Pontevedra, 2003).

Fernández del Riego tamén cultivou a literatura de viaxes, con volumes como As peregrinacións xacobeas (A Coruña, 1983), A pegada das viaxes (Vigo, 2000), Portugal norteño (Vigo, 2000), a serie Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña, sentimental (Vigo, 2001-2003) e Lourenzá (2004).

Ademais, escribiu monografías sobre diversos autores da cultura galega, como A xeración Galaxia (Vigo, 1996), O señor da Casa Grande de Cima de Vila (Ourense, 1988), Antolín Faraldo, o gran soñador (Vigo, 1998), Con Pondal en Bergantiños (Sada, 2001) ou O Padre Sarmiento e Galicia (Vigo, 2002), e a novela O cego de Pumardedón (Vigo, 1992).

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.