Veñen os observadores de pesca de baixura. De momento, 20

03 Abril 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio do concurso para a formación de observadores de pesca de baixura , para avanzar na obtención de datos e optimizar a xestión sustentable das pesqueiras, Un dos fins é o de crear unha bolsa de profesionais cualificados para realizar estas funcións e complementar as necesidades específicas das pesqueiras xestionadas no ámbito da Rede entre o sector `pesqueiro e os organismos científicos de Galicia,

A este curso poderán acceder 20,persoas con licenciatura ou grao en bioloxía e ciencias do mar. Impartiranse neste curso nocións básicas de xestión pesqueira, coñecemento sobre tipos de buques e artes de pesca, frotas e especies de interese pesqueiro, normativa e aspectos relacionados copa vida a bordo, entre outros contidos.

En definitiva, trátase de formar observadores  que realicen funcións e complementen as  necesidades específicas de mostraxes en actividades pesqueiras tendentes a unha formación que se centre nas taefas a realizar polos observadores, entre elas a recollida de datos en buques que faenen nas augas interiores de Galicia.

Os seleccionados para o curso será, como xa se dixo, 20, todos eles con licenciatura ou grao de bioloxía e ciencias do mar, en situación laboral de desemprego ou en activo que non presten servizos nas administracións públicas  e outras entidades oficiais. A duración da formación será de 60 horas lectivas, 50 delas on line e 10 presenciais divididas en tres módulos,

Impartiránse, entre outros contidos, nocións básicas de xestión pesqueira, coñecemento sobre tipos de buques e artes de pesca, frotas e especies de interese pesqueiro e normativa. Tamén se abordarán no curso cuestións relacionadas cos requisitos e responsabilidades do observador pesqueiro, a vida e traballo a bordo, así como contidos sobre metodoloxía de observación do tempo, e haberá sesións prácticas.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días a partir deste martes.

Son novas expectativas que, teóricamente, deben repercutir favorablemente nun sector sempre en transformación.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.