Unhas corenta persoas participaron na andaina cultural da Pobra polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios

17 Abril 2023

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organizou por segundo ano consecutivo unha andaina comentada polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios que, se ben se conmemora no 18 de abril, tivo lugar no domingo 16 para facilitar a asistencia.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifesta que se promoveu novamente esta acción para seguir na senda de divulgar o patrimonio local e redescubrir espazos relacionados co ronsel valleinclaniano.

Deste xeito, unhas corenta persoas participaron no itinerario guiado polo director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, e que partiu do núcleo histórico do Xobre para seguir polo barrio dos Cataláns, a torre de Bermúdez e concluír no núcleo histórico da Pobra do Deán, cunha visita ao pazo do Couto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.