“Rodear a sede da Xunta para que non te rodeen de aeroxeradores”. Antón Luaces

23 Abril 2023

Máis de 2.000 persoas -segundo os convocantes- acadaron este domingo o obxectivo de rodear o edificio administrativo da Xunta en San Caetano, na capital de Galicia. O mal tempo non impediu que se acadara, con creces, cumprir o reto marcado pola Coordinadora “Eólica Así Non”. Rodear a Xunta, din os convocantes, “como a Xunta pretende rodear aos galegos e galegas con parques e infraestruturas eólicas”. 

Rexeitan os máis de 75 macroproxectos eólicos que serán autorizados esta semana posiblemente en toda Galicia, “provocando danos irreparables no conxunto do país”.

Os manifestantes reclamaron unha transición enerxética xusta e sustentábel e non a costa de todo. Demandan da Xunta unha planificación enerxética ordenada e ao servizo do pobo, a ampliación da rede de espazos naturais protexidos  e a restitución dos dereitos de participación pública nos procesos de autorización.

Advirten que os danos da aprobación desta “enxurrada” de proxectos eólicos poden ser irresponsables, tanto ambiental como socialmente.

Outros artigos

“O branco peiteado”. Luís Celeiro

Se quere darlle luz a un cadro, pinte con negro, unha ou dúas mans. Se quere vestir de loitocompre traxe de cor negra e se quere seguir amando á soidade, envolva a cara nun traponegro e agarde polo futuro, ese tempo no que todo será claridade, solvencia e...

+

“La oposición como diana”. José Castro López

No es normal que la vicepresidenta del Gobierno comparezca en el Parlamento paraexplicar la financiación singular de Cataluña y se limite a decir que al acuerdo entreEsquerra Republicana y el Partido Socialista de aquella comunidad se le puede llamarcomo se quiera,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falar cos defuntos” – Xosé González Martínez

“Falar cos defuntos” – Xosé González Martínez

No dicir dos antropólogos os defuntos están sempre próximos, mesturados cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá. Este aserto pódese comprobar facendo visitas aos nosos cemiterios a calquera hora do día; sempre hai alguén poñendo flores ou limpando a...