Rianxo recoñece a entrega do seu fillo predilecto Santiago Agrelo, arcebispo emérito de Tánxer

02 Abril 2023

Numerosas persoas asistiron este sábado no auditorio de Rianxo á entrega do título de Fillo Predilecto do municipio ao arcebispo emérito de Tánxer, Santiago Agrelo Martínez. No acto público, o primeiro en intervir foi o alcalde, Adolfo Muíños, quen resaltou que a elección do frade como fillo predilecto de Rianxo foi aprobada por unanimidade dos membros da corporación municipal.

O en cargado de ler a laudatio foi Xosé Luís Axeitos (membro da Real Academia Galega e primo de Agrelo), quen repasou a súa traxectoria desde o seu ingreso en 1953 no convento franciscano de Herbón con 11 anos. Foi ordenado en 1966 e exerceu o seu labor 18 anos en Roma, 12 en Marrocos e case 30 en Santiago.

Agrelo dixo sentirse orgulloso de ter nado nun concello solidario e lembrou os inicios da súa vocación cando era un neno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.