O cruce entre as rúas Tenencia e Peonil, no centro urbano de Boiro (entre o Tecate a Libraría Nobel), vai acoller este martes 25 de abril unha audición organizada pola Escola de Música Municipal (EMB), a partir das 19.30 horas e acompañada dun título que conmemora musicalmente o mes en curso e a chegada da primavera: Os violíns de abril. Será unha actividade para mostrar o alto nivel formativo do alumnado da escola, acompañado do corpo docente. A cita vén da man da EMB, o Concello de Boiro e máis a cooperativa Sonaxe (cooperativa de traballo asociado afincada en Boiro que desenvolve o seu labor no ámbito da música).




