O Pazo de Goiáns acolle este 20 de setembro o X Trail dos Indios – Castelo de Vitres

19 Setembro 2026

O Concello de Boiro colabora co Club Tribu Trail na celebración do X Trail dos Indios – Castelo de Vitres, que se celebra,este domingo 20 de setembro. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto con Xosé María Rodríguez e Víctor López, da organización.

Segundo explicaron, trátase dunha proba deportiva de dificultade técnica alta ao discorrer por sendeiros e zonas rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada e baixadas técnicas. “Buscamos que todas as probas se desenvolvan na contorna do Castelo de Vitres por se a insignia desta proba polo que a dificultade dos percorridos é elevada”, afirmaron dende a organización.

A proba consta de tres percorridos con distancias de 26, 16 e 9 quilómetros para as distintas categorías; ademais de carreiras para nenos e nenas de 2,5 e 1,2 quilómetros; forma parte do Campionato de Clubs e Copa da Xunta de Galicia e será puntuable.

O concelleiro de Deportes afirmou que se trata “dunha proba xa consolidada no noso concello, esixente pero que discorre por un sito idílico como é a nosa serra do Barbanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.