O vindeiro 11 de abril inaugúrase na Pobra unha mostra fotográfica sobre o traballo de CEGASAL

04 Abril 2023

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal dará cabida no 11 de abril, ás 12.00 horas, á apertura da mostra fotográfica CEGASAL, unha asociación de persoas para as persoas.

Ao acto asistirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o vicepresidente primeiro da entidade, Mino Martínez; e a vicepresidenta segunda, Silvia Alende.

DÍA: 11 de abril
HORA: 12.00 horas
LUGAR: Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal

Con esta exposición, CEGASAL (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro) busca “achegar a todas as persoas ao mundo laboral das persoas con capacidades diferentes”.

O autor das fotografías que conforman a mostra é o fotógrafo coruñés Diego Silva, quen ao longo de dous anos e medio acudiu a once centros especiais de once centros especiais de emprego para plasmar en imaxes a actividade diaria destes profesionais.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.