O destino Ría de Muros Noia aposta pola internacionalización

04 Abril 2023

O destino Ría de Muros Noia vén de poñer a disposición dos cámpings, hoteis, hostais e casas de turismos rural da comarca unha nova edición e actualizada dos talonarios de mapas turísticos dos cinco municipios. Trátase dunha tirada de 45.000 exemplares, dos que por primeira vez parte deles estarán en inglés, francés e alemán.

A presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, estivo acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, no acto de entrega destes mapas turísticos. Teresa Villaverde explicou que “a novidade de editar estes mapas noutros idiomas está motivada polo incremento significativo dos turistas estranxeiros que mostran os informes das oficinas de turismo dos distintos concellos”. A isto, engadiu, súmase o crecemento da náutica deportiva e a consolidación como destinos do Real Club Náutico de Portosín ou na Mariña de Muros, con embarcacións en tránsito pola costa galega, especialmente de seareiros da vela do norte Europa. Este feito, explicou Villaverde, reafirma novamente a aposta dos peregrinos polo Camiño Marítimo a Santiago pola Ría Muros Noia. “Todo isto, unido ao impulso das escolas de surf e ao efecto multiplicador de dous anos de Xacobeo, supón un aumento na chegada de visitantes doutras nacionalidades, como ben notamos en Noia”, engade Santiago Freire.

Villaverde e Freire explicaron que estes mapas, que supoñen unha importante ferramenta de traballo para os establecementos hoteleiros da zona, tamén foron actualizados. Así, inclúen un debuxo con lendas de novos e destacados elementos como o miradoiro do monte A Muralla (Lousame) ou o Estaleiro do Ciprián (Outes), que vén de abrir as súas portas tras ser rehabilitado e acondicionado como museo da carpintería de ribeira.

Tamén se recollen outros puntos de interese como a fervenza de Ribasieira (Porto do Son), os Hórreos de Bornalle (Muros), un conxunto de 22 hórreos en pequenos grupos repartidos por todo o pobo, ou os antigos muíños de Pedrachán (Noia), un barrio extramuros da antiga cidade medieval noiesa, ou os muíños de Albeida, no lugar de Rates (Outes) e punto de partida dunha coñecida ruta de sendeirismo.

Finalmente, a presidenta da ARD Ría de Muros Noia destacou que “a edición destes mapas en diferentes idiomas e o seu reparto supón un esforzo para a Asociación pero, ao mesmo tempo, é dar resposta a unha necesidade real nestes tempos para atender aos novos visitantes desta comarca”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.