O Centro Lustres Rivas (Ribeira) acollerá unha mostra de óleos e acuarelas de José Luis Blanco

24 Abril 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir do 5 de maio unha exposición titulada Óleos e acuarelas a cargo de José Luis Blanco Fernández: ribeirense de adopción que foi quen de compaxinar a súa paixón pola pintura coa xerencia, xunto a súa dona, dunha tenda local: o establecemento Calzados Luís.

A mostra, inédita ata agora, exhibe paisaxes, mariñas e xentes do mar, temas recorrentes na súa obra e que reflicten a forte pegada de Ribeira e a comarca no autor. Esta liña de traballo conxúgase con representacións figurativas de estilo expresionista baseadas en experiencias e reflexións liberadoras na súa traxectoria vital.

A súa apertura está prevista para o venres 5 de maio ás 21 horas.

José Luis Blanco Fernández ten participado en exposicións colectivas no Círculo Mercantil de Vigo, na Bienal de Artes de Pontevedra, en Santiago, no seu Padrón natal ou en Porto do Son. Entre outros recoñecementos, acadou o primeiro premio no Primeiro Certame de Pintura do Concello de Cedeira.

A mostra permanecerá no Lustres Rivas ata o domingo 27 de maio. Poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.