O Campus Itinerante IV Ciclo chega á Pobra con dúas sesións formativas

12 Abril 2023

Os municipios que forman Barbanza Arousa acollen un programa formativo dirixido á veciñanza que supera os 50 anos e a profesionais de atención ás persoas maiores: o Campus Itinerante IV Ciclo. Así, A Pobra do Caramiñal é parada nestes días de dúas sesións deste, da man da Universidade de Santiago de Compostela (USC); oferta intensificada cunha nova edición do Camiños de Coñecemento e Experiencia no mes de marzo.

Un total de 37 persoas asistiu na tarde do día 11 de abril ao Auditorio do Museo Valle-Inclán para aprender con Fernando Lino Vázquez González sobre a Depresión. E Jesús Giráldez Fernández impartirá no día 14 o coloquio Para garantir a integración protexe a túa vista e os teus ollos.

As inscricións continúan abertas para este último. O trámite pódese efectuar de xeito presencial no Museo Valle-Inclán, no teléfono de contacto 981831662 ou no enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal. A matrícula é de balde.

O dito programa consta dun total de seis xornadas sobre saúde repartidas entre os catro concellos da banda norte da ría da Arousa durante os meses de marzo, abril e maio, todas elas ás 18.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.