O 15 de abril comezan as xornadas de voluntariado para recuperar o río Tins, en Outes

08 Abril 2023

No marco do proxecto Renatur-Outes, vaise organizar este mes de abril a primeira Xornada de Voluntariado Ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins. A cita, aberta á cidadanía, será o sábado 15 de abril pola mañá, entre as 10.30 e as 13.30 horas. O lugar de encontro será a Casa da Cultura de Outes. A xornada de voluntariado consistirá nunha plantación de medio cento de ameneiros a carón do río, completándose coa localización de especies invasoras con vistas á súa erradicación.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto.

“Desde xeito”, explicaba no seu día o Concello de Outes, “non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...