Manuel Martínez Rodiño doa unha maqueta da Villa Eugenia ao Museo Valle-Inclán da Pobra

27 Abril 2023

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal xa conta dende este xoves 27 de abril coa maqueta a escala de Villa Eugenia, unha das tres residencias familiares do célebre literato na súa estadía na localidade. As mans de Manuel Martínez Rodiño están detrás da reprodución desta vivenda na cal o escritor concibiu libros como La rosa de papel, La cabeza del Bautista, Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte, Tirano Banderas ou Luces de bohemia.

Acompañado de seu sobriño Rafael Pérez, quen o axuda no proceso creativo, e de súa neta Paloma Fontán, o propio maquetista efectuou a entrega ao alcalde, Xosé Lois Piñeiro; á concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e ao director da institución museística, Antonio González.

Con esta doazón complétase a triloxía dos inmobles pobrenses onde residiu o matrimonio formado por Ramón del Valle-Inclán e Josefina Blanco, xunto cos seus fillos e coas súas fillas. Esta nova peza instalarase en vindeiras datas no Auditorio do Museo Valle-Inclán para, proximamente, colocala no interior do propio Museo xunto coas reproducións da Torre de Bermúdez e do Pazo da Mercé.

Entre as creacións de Manuel Martínez Rodiño, veciño da Pobra de 94 anos, tamén figuran a Igrexa do Maño e diferentes navíos que foi legando a particulares e outros entes.

A recente cesión supón un incremento dos fondos do Museo, que conta tamén cunha réplica da Casa Consistorial disposta no primeiro andar da Casa do Concello.

O público pode desfrutar así de xoias arquitectónicas do municipio dende outra perspectiva e apreciar como lucían antano estes elementos patrimoniais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...