Este venres 14 celébrase o VII aniversario do Grupo BNI Terramar en Ribeira

13 Abril 2023

O Restaurante Baiuca vai dar acollida este venres 14 de abril á celebración do sétimo aniversario do Grupo BNI Terramar en Ribeira.

Os obxectivos do encontro, amais de conmemorar a breve pero frutífera andaina do grupo, é dar a coñecer a actividade do mesmo na comarca do Barbanza, avanzando na incorporación de máis empresas á esta rede empresarial. Tamén se busca “promover o gran traballo conxunto que está a levar a cabo gran parte do tecido empresarial da área do Barbanza – O Salnés e dar notoriedade ao concepto BNI mediante a mostra do apoio das institucións”.

O grupo do Barbanza nunha celebración en Ribeira

Ademais, explican dende o grupo, “será un día perfecto para que os empresarios e empresarias aproveiten para realizar networking e coñecerse entre si, obxectivo final da nosa filosofía”, explican dende a rede, engadindo que o seu obxectivo tamén reunir máis de 300 empresarios e empresarias da zona, acompañados por importantes representantes de asociacións empresariais, sociais e de institucións públicas locais e autonómicas; así como polos maiores representantes de BNI España.

A cita será como dixemos este venres 14 de abril no Restaurante Baiuca (Goda 5, Artes, Ribeira).

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.