Medio cento de veciñas e veciños de Ribeira viaxaron na tarde deste mércores 26 de abril a Santiago en autobús para asistir á representación de Un hotel de primeira sobre o río, unha produción do Centro Dramático Galego, no Salón Teatro en Santiago de Compostela.
A iniciativa, enmarcada dentro da campaña para favorecer o acceso da poboación galega ó teatro público, conta coa colaboración da Concellería de Educación de Ribeira e está enmarcada dentro do plan de mobilidade do referido Centro para favorecer o acceso da poboación galega ao teatro público.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.