Brais Morán & Nasaufunk actuarán en Boiro este sábado 22 de abril na Pousada da Galiza Imaxinaria

19 Abril 2023

Brais Morán & Nasaufunk estarán en Boiro este sábado 22 de abril, onde ofrecerán un concerto na Pousada da Galiza Imaxinaria a partir das 21:30 horas.

A entrada anticipada será de 10 euros e na billeteira de 13 euros.

Con máis de 20 anos de traxectoria profesional na música, Brais Morán preséntase no 2023 como Brais Morán & Nasaufunk, como cantante e guitarrista, e acompañado polos músicos Manu Seoane nas guitarras, Xabi Cid na batería, o lucense Antón Torroncho no baixo e Fran Castro nos teclados.

Ofrece ao vivo un espectáculo bailón de música disco funk que inclúe temas inéditos e repasa clásicos de etapas anteriores, e completa un directo que continúa o camiño das súas cancións máis disco funk, soul, rock, cos seus ritmos afrobrasileiros característicos e os toques máis cálidos da música tradicional galega que completan o seu repertorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...