As alumnas do Programa Integrado de Emprego de Boiro e A Pobra reciben formación en elaboración de pezas cárnicas

03 Abril 2023

O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego 2022-2023 do Concello de Boiro comezou este mes de abril a formación en Elaboración de pezas cárnicas. O curso terá unha duración de 40 horas e nel están a participar 14 alumnas do programa.

O obxectivo deste curso formativo é “adquirir competencias nas diferentes fases do proceso de preparación de pezas, manipulación e selección de carnes, desosado e modelado de pezas para a elaboración de diferentes produtos cárnicos”, segundo informaron fontes municipais.

A formación estase a levar a cabo no marco do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022-2023 que está dirixido exclusivamente a mulleres e no que participan un total de 100. Nesta edición o programa realizase coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...