A Xunta reduce a menos do 15 % o seguimento da folga de médicos en Galicia

11 Abril 2023

A primeira xornada da folga indefinida convocada en solitario pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia sáldase con pouco máis dun 14 % de participación, segundo os datos ofrecidos na tarde deste martes pola Xunta de Galicia, que resalta “que o 85,4 % do persoal acudiu a traballar”. Un seguimento á convocatoria de folga entre os facultativos que se reduce aínda máis na Atención Primaria onde pouco máis do 5 % dos médicos non acudiron este luns para traballar.

O que reflicte que o seguimento da convocatoria foi maior nos Hospitais da comunidade fronte aos Centros de Saúde o que provocou, segundo estes mesmos datos da Xunta de Galicia, que se suspenderon de 163 cirurxías (o que supón o 26% da actividade media diaria), máis de 3.700 consultas externasCCEE (19%) e que tivesen que pospoñerse case 400 probas (2’8%).

Estes datos difiren dos ofrecidos polos convocantes que elevan o seguimento da folga ao 60 % dos traballadores que podían exercer este dereito o que cualificaron de “histórico”.

A administración sanitaria galega tamén quixo destacar que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada está a ser do 100% polo que asegura que “na xornada de hoxe a Sanidade pública galega está a responder adecuadamente a todas as urxencias”.

Así, o seguimento é do 11,38% na área Sanitaria da Coruña e Cee; do 12,90% na área Sanitaria de Ferrol; do 13,91% na área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 15,31% na área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 12,86% na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 6,99% na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés; e do 23,71% na área Sanitaria de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.