Máis de cen estudantes do IES da Pobra do Caramiñal asistiron na mañá deste 21 de abril ao concerto didáctico A doce vita. Sons de cine.
Con Vita Ivaskevica na voz, Pablo Vidal no contrabaixo e Rafa Otero na guitarra, a rapazada do 4.°, do 3.° e parte do 2.° da ESO puido desfrutar das bandas sonoras dunha selección de recoñecidos filmes entre os cales se atopaban Singing in the rain, Breakfast in Tifanny’s, Some like it Hot ou Misión Imposible.
Previamente, no inicio da sesión musical, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, interveu para explicar que este tipo de propostas busca complementar os coñecementos adquiridos nas clases con saídas pedagóxicas para enriquecer o proceso da aprendizaxe do alumnado, nesta ocasión a través dunha actividade cultural que une clásicos do cine e música. Aproveitou a ocasión para despedir alumando do centro de estudos Ady Endre Secondary School, de Hungría, que estivo durante estes días na localidade ao abeiro do programa Erasmus+.
Tamén se dirixiu ao público o director do centro de ensinanza secundaria, Alejandro Bobillo, quen incidiu nos beneficios da participación do programa no desenvolvemento educativo e persoal da mocidade.