A Casa Mariñeira da Pobra acollerá a exposición de pintura Cores de terra e mar

24 Abril 2023

Será o 2 de maio ás 19 horas na sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal onde se poida ver a mostra pictórica Cores de terra e mar, de María José Rodríguez. Na estrea da dita mostra, que se poderá ver até o 30 de xuño, participará a concelleira do Turismo, Charo Varela amais da intervención da propia artista responsábel da exposición.

Estamos a falar dunha serie de cadros que deixan ver paisaxes marítimas e agrarias coas cales a autora lles quer render tributo ás súas xentes.

María José Rodríguez une nesta exhibición o seu gusto pola ensinanza e a súa inquietude artística. Nada na Coruña, cursa a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa paixón pola arte, comeza a mergullarse no universo da creatividade a través de distintas disciplinas. Amais de impartir aulas, María José conta cunha ampla traxectoria que se ve reflectida por numerosas exposicións individuais e colectivas, e mesmo conta nio seu haber con diversos premios.

A entrada para ver Cores de terra e mar é libre até completar o aforo, sendo o horario de visita de 9:30 a 14:30 h.

Máis información na web de turismo da Pobra.

Outros artigos

O venres 15 inaugúrase a mostra “A Cor de Boiro”

Este venres 15 de novembro inaugúrase en Boiro, no Centro Social a partir das 17.00 horas, a exposición A Cor de Boiro, que reúne os traballos realizados no I Encontro de Pintura en Cadernos de Acordeón, certame de debuxo e pintura ao aire libre celebrado nas rúas do...

+

A Pobra celebrou a súa oitava edición das Xornadas Micolóxicas

Na tempada de outono é moi habitual atopar grande variedade de fungos, pois é a época na que estes organismos abrollan con máis intensidade e dende a Pobra do Caramiñal veñen de mergullarse de cheo neste eido dos fungos coa celebración da oitava edición das Xornadas...

+

O Elma acolle cine e teatro durante esta fin de semana

Cine e teatro daranse cita nesta fin de semana no Teatro Cine Elma. "Se as artes escénicas foron gañando cada vez un maior peso na axenda cultural do outono ao longo dos anos, agora decidimos incorporar o celuloide para recuperar así máis a esencia do Teatro Cine...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Preguntas y respuestas”. José Antonio Constenla

“Preguntas y respuestas”. José Antonio Constenla

Ha pasado ya una semana de las elecciones en EE.UU. y es momento deanalizar sosegadamente lo qué significará la victoria de Trump. Un políticooutsider con una visión que no exenta de cierto dogmatismo pretende centrarseen exclusiva en los intereses particulares de su...

“No lo entiendo” – Manuel Domínguez

“No lo entiendo” – Manuel Domínguez

No lo entiendo. Hemos vistos miles de ciudadanos españoles, llegados de todas partes de España acudir en ayuda de Valencia, lo cual nos hace sentir orgulloso de nuestras gentes. Mi pregunta es, ¿habéis visto algún político, acudir en ayuda de su pueblo? Diputados en...