Valle-Inclán recibe a súa traicional bufanda vermella

08 Marzo 2023

A estatua de Valle-Inclán na Alameda luciu onte de novo a bufanda vermella coa que a Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal, celebra desde o 2007 a volta do escritor arousán a Santiago e Galicia.

O acto de colocación da bufanda reuniu aos seus representantes, a un neto do dramaturgo, ao secretario xeral de Cultura, ao director do Museo Valle-Inclán da Pobra, ao alcalde de Santiago e a membros da corporación compostelá e membros do Foro Valle-Inclán.

O acto como é habitual celebrouse no compostelán paseo da Ferradura de Santiago onde se atopa a imaxe de Valle sentado mirando á catedral de Compostela.

Durante o acto, léronse unha vintena de fragmentos de obras de Valle relacionados coa capital galega e un máis, adicional, escrito por Castelao; unha peza do ano 1939 na que o intelectual galeguista fai referencia ao enterro do escritor de Arousa. “Eu sei que Don Ramón morreu. Vin o seu cadáver. Leveino a enterrar. Leveino sobre os ombreiros nunha tarde chuviosa de inverno. Xamais o ceo de Compostela chorara tanto! E vino descender ás entrañas da terra nai (…) Desapareceu e enterrámolo nun cemiterio novo e baleiro, que agora está cheo de defuntos”, deixou escrito o político de Rianxo sobre Valle Inclán, segundo leu o director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González Millán.

González Millán congratulouse de que este acto sirva ano tras ano para “manter viva a semente de Valle na capital cultural” de Galicia e avogou por retomar tanto o roteiro literario do escritor, así como por representar, “por fin”, a obra A miña irmá Antonia, escrita en 1909 polo autor de Luces de Bohemia e que se desenvolve integramente polas rúas de Santiago de Compostela. Durante o acto, unha das participantes, Goretti Sanmartín, concelleiro do BNG na cidade, aproveitou a súa quenda de lectura para lembrar ao poeta e académico Salvador García Bodaño, falecido este martes na capital galega.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...