
Un dos implicados no accidente contactou co 112 Galicia para dar conta dos feitos, que se produciron no punto quilométrico 15 da AC-543, na parroquia de Urdilde. Segundo indicaba o alertador, batera contra outro coche e, por mor do impacto, o condutor deste vehículo quedara atrapado no interior.
Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rois, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.
Logo de ser excarcerado polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro e os efectivos do GES de Padrón, o ferido foi evacuado, consciente, nunha ambulancia.
O 112 Galicia recibiu o aviso deste sinistro ao fío das 17:00 horas.




