Ribeira aproba inicialmente o proxecto de urbanización do novo polígono industrial

07 Marzo 2023

O Concello de Ribeira vén de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do futuro Polígono Industrial: un documento que foi encargado á empresa Monsa Urbanismo S.L. e que, xunto co proxecto de expropiación e os servizos arqueolóxicos, marca o rumbo para a creación de preto de 260.000 metros cadrados de chan industrial no entorno de Fontenla e Pedras Vermella.
Neste senso, o Boletín Oficial da Provincia anuncia no día de hoxe que o prazo de exposición pública será dun mes (prazo que comezará a computar unha vez se notifique esta aprobación a todos os interesados).
O proxecto, de máis de 700 páxinas de extensións abrangue diversos aspectos cos que materializar a urbanización da área afectada, de 258.926,24 metros cadrados de superficie, tales como a execución e
acondicionamento de vías públicas, aparcadoiros, saneamento, abastecemento, subministración de enerxía eléctrica e canalización de gas, sinalización, mobiliario urbano e axardinamento de espazos
libres, entre outros elementos.
Así, dedica 156.807,64 metros cadrados a chan industrial, 1.150,68 a equipamento, 64.770,12 a espazos libres, 577,53 a servizos urbanos e 35.620,27 ao sistema viario. O proxecto prevé a dotación de 456
prazas de aparcamento públicas e outras dúas máis para autobús.
O orzamento base de licitación ascende a 12.454.808,65 euros, IVE incluído e o prazo de execución de 22 meses: cifras ambas que se espera se acurten durante o proceso de licitación a partir das ofertas
presentadas.
Proxecto de expropiación
Por outra parte, hai que recordar que o proxecto de expropiación tamén foi aprobado inicialmente, estando prevista a súa aprobación definitiva no pleno ordinario do presente mes de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.