Preto de 700 persoas xuntáronse no Gaiás para celebrar o I Encontro 21 Días co Galego e+

01 Marzo 2023

Este último día de febreiro celebrouse o I Encontro 21 Días co Galego e+, a primeira edición dunha multitudinaria xuntanza de escolares e docentes arredor do desafío lingüístico lanzado pola Xunta e que consiste nun convite (online e offline) aos alumnos para mergullárense no uso do galego durante tres semanas (o programa 21 días co galego e+, que ten a súa orixe nas experiencias de inmersión lingüística impulsadas pola profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal).

Na cita participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto cunha ampla representación do alumnado e do profesorado participante na quinta edición do dito programa, promovido pola Secretaría Xeral co “obxectivo de estimular o uso oral da lingua galega entre a xente nova tanto dentro como fóra dos centros de ensino”.

O representante da Xunta, que estivo acompañado da profesora Pilar Ponte, coordinadora xeral do programa, agradeceulles aos estudantes e docentes presentes que axudasen “a facer medrar esta iniciativa que nos mostra que podemos usar o galego todos os días e para calquera cousa que fagamos” e expresou o seu desexo de que “a experiencia fose positiva” e o uso da lingua propia de Galicia medre.

En total, preto de 700 persoas entre alumnado, profesorado e coordinadoras e coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega déronse cita no Edificio Fontán do Gaiás para intercambiar experiencias e compartir unha tarde chea de actividades como teatro, baile, rap, desfile de moda, xogos etc.

Animados polos xornalistas Carlos Amado e Esther Estévez, os representantes dos 12 centros participantes subiron por quendas ao escenario para interpretar ante os demais os seus respectivos espectáculos, que se intercalaron coa actuación da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, de Noia, que realizou tres espectáculos ao longo da tarde: de freestyle football, de beatbox e de breaking.

Este encontro enmárcase como dixemos na celebración da V edición do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, que se desenvolveu entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro en 12 centros de ensino das catro provincias galegas e acadou a cifra máis alta de participantes ata o momento, con máis de 4.500 persoas involucradas.

Neste curso 2022/23 o programa desenvolveuse no IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), IES de Melide (Melide), CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e CPR Divino Maestro (Santiago), todos eles na provincia da Coruña; no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) e IES María Sarmiento (Viveiro), na provincia de Lugo; no IES Nº1 do Carballiño (O Carballiño) e CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), en Ourense; e no CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis), CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) e IES A Basella (Vilanova de Arousa), na provincia de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...