Ante a situación actual e prevista coa posible implantación de varios polígonos de eólica mariña nas nosas costas en virtude dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) de España, segundo o Real Decreto 150/2023 publicado no BOE o 4 marzo de 2023, mediante a proposta da Ministra para a
Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, nos que se identifican importantes zonas reservadas para nun futuro poxar e instalar polígonos industriais de eólica mariña nos nosos mares.
Manifestando os representantes e portavoces da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, que os POEM aprobados o pasado martes día 28 de febreiro é o maior ataque histórico á pesca e os ecosistemas mariños, tachando dita norma de “ecocidio” e “pescacidio”.
Tendo en conta que só na Demarcación Noratlántica hai máis de 300 caladoiros de pesca identificados e moitos deles son invadidos por estes espazos reservados polo Goberno para a eólica mariña.
Tendo en conta que ademais, están especies peláxicas como a anchoa, sardiña, bonito, cabala, xurelo… que se moven constantemente por toda a plataforma continental que pretenden encher de aeroxeradores.
Tendo en conta que se poden poñer en risco o modo de vida de miles de pescadores e da xente do mar e campañas tan importantes para o sector como as do bonito e da anchoa ou bocarte, que son gran parte do sustento do sector ao longo do ano.
Tendo en conta, tal como vén explicando dita Plataforma desde a súa constitución fai máis dun ano, que as plataformas continentais dos mares Báltico e do Norte, onde foron instalados moitos parques eólicos mariños, son moito máis anchas que a do Cantábrico, que no mellor dos casos alcanza 35 quilómetros mar a dentro, e que nos países que son bañados por estes mares o sector pesqueiro non ten a importancia socioeconómica que ten en moitas rexións españolas e en concellos costeiros.
Tendo en conta que o propio Parlamento Europeo o pasado 3 de maio de 2022 aprobou unha resolución na que, contrariamente ao aprobado agora polo Estado, determinaba que os caladoiros históricos e tradicionais específicos dos pescadores deberían estar libres de enerxías renovables mariñas sen que se poidan construír parques eólicos sen producirse consecuencias económicas, sociais e socioculturais negativas para pescadores e produtores acuícolas.
E tendo en conta que no mesmo sentido aprobáronse resolucións nos Parlamentos Asturiano e Galego e no Congreso dos Deputados con mandatos claros ao goberno de España para que se respecte a actividade pesqueira e os ecosistemas mariños, todas elas resolucións unánimes aprobadas por todos os
Grupos Políticos.
Tendo en conta que o Acordo de París do 2015 no seu mandato aos Estados asinantes ínstaos a tomar medidas contra o cambio climático, pero sen poñer en risco a produción de alimentos.
Tendo en conta que o Tratado de Funcionamento da Unión Europea inclúe como un dos obxectivos da PPC garantir as subministracións e autoabastecemento de alimentos á poboación europea.
Tendo en conta que o Instituto Español Oceanográfico non achegou unha cartografía dos stocks para saber que stocks pesqueiros pódense ver afectados nas devanditas zonas, a súa situación biolóxica e os posibles impactos de vibracións, ruídos, cambios de correntes, cambios de dirección dos ventos, das temperaturas da auga, das ondas electromagnéticas emitidas polos cables, etc..que van a provocar estas industrias nos nosos mares.
Tendo en conta que o Principio de Precaución está recollido en diferente normativa internacional de obrigado cumprimento e no mencionado tratado, e que se prescindiu da valoración das consecuencias destas industrias antes de preparar espazos para a súa implantación.
Tendo en conta que tamén se prescindiu dos impactos socioeconómicos que a reserva dos devanditos espazos poden conlevar para o sector pesqueiro.
Tendo en conta que o artigo 130 da Constitución Española insta os poderes públicos a atender á modernización e desenvolvemento os sectores económicos, en particular a pesca, co fin de equiparar o nivel de vida de todos os españois.
Tendo en conta que a actividade pesqueira contribúe por se mesma á loita contra o cambio climático ao producir a proteína animal de menos pegada de emisións de CO2, con nula pegada hídrica, e provedora dita actividade ademais dun alimentos sostible e moi saudable para toda a poboación.
Por todo o exposto e segundo o acordado na reunión da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, o Grupo Popular do Concello de Ribeira propón:
1- Instar ao Concello de Ribeira a que, coma municipio costeiro, se una ao rechazo dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo.
2- Dar traslado deste acordo ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico