Os libros e a cultura mariñeira centran unha charla en Noia (este xoves no Casino)

14 Marzo 2023

Noia Histórica e Terra Saúde organizan este xoves día 16 de marzo, no Edificio do Casino (rúa de Galicia 8), unha charla que botará luz sobre a frutífera, complexa e histórica relación entre os libros e a cultura mariñeira, unha confluencia temática da que abrollaron grandes obras da literatura e grandes poetas e novelistas. A charla Literatura e o Mar porá en foco en cuestións como a sustentabilidade, a vida no mar, os segredos que agochan os fondos mariños e os contos e as novelas que tratan sobre a vida no mar, alén doutras temáticas relacionadas cos barcos máis literarios e cos animais mariños que foron protagonistas de libros senlleiros.

Contarase coa presenza da libreira e escritora Mercedes Corbillón, o mariñeiro e comunicador Rogelio Santos Queiruga e todo presentado e moderado por Enrique Suárez.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...