“O sector cerqueiro abordou en Sada a problemática que lle afecta máis directamente”. Antón Luaces

25 Marzo 2023

A VI Xornada da Frota do Cerco. Celebrada onte na localidade coruñesa de Sada,  coa organización da Asolciación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) centrou a súa atención na inspección e control de pesqueiras, con mencións específicas ás dificultades que para o sector ten a falta de cotas, a eólica mariña e a suba dos custes operativos.

A alcaldesa de Sada, María Nogareda, salientou a importancia que para esta vila tivo e ten o cerco. A continuación, o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Ignacio Gandarias, abordou o control das pesqueiras sinalando que con este tipo de medidas non se pretende demonizar ao sector, senón asegurar o cumprimento da normativa para o beneficio de toda a frota. Gandarias debullou aspectos do novo regulamento de control (en trílogos desde o ano 2021) e os asuntos que sobre o particular contén este regulamento, dando conta de cales están pechados -como é o caso da xeolocalización, o diario eletrónico de abordo, os motores ou as sancións.

A xeolocalización, afirmou, é de suma trascendencia para o cerco, ao igual que o é para todos os barcos de eslora igual ou superior aos 12 metros. A medida, a máis de ser un elemento de control, outorgará información á administración sobre as zonas nas qwue faenan os pesqueiros, cuestión esta que permitirá á propia administración concernida adoptar millores decisións sobre a ordenación do espazo marítimo. Un interesante debate abordou a medida dos motores de máis de 221 Kw., que deberán ser equipados con dispositivos de medición contínua, de tal xeito que se poida comprobar e regular a potencia motriz.

Outro asunto de interese foi o marxe de tolerancia para pequenos peláxicos, para os que o regulamento permitirá algunhas excepcións nas declaracións, polo que ata un 2% do desembarque pode non figurar declarado no diario.

Ignacio Gandarias dixo tamén  que de erradicaren as accións irregulares váise poder realizar unha xestión axeitada e sostible dos recursos. (O 30 de maio celebrarase o último trílogo , baixo a presidencia de Suecia).

Noemí Munguía, da Subdirección Xeral da Vixilancia Pesqueira e Loita Contra a Pesca Ilegal, falou do Diario Eletrónico de Abordo (DEA)e os cambios qwue se introducen neste desde 2020, cambios que permiten a obtención dun maior número de datos, como por exemplo a interacción con cetáceos, de grande utilidade para a comunidade científica.

O inspector de Pesca do Ministerio, Mauro Fachal, fixo un repaso de cada un dos puntos controlados na inspección pesqueira, antes, durante e após o desembarque e a aplicación do marxe de tolerancia.

Nicolás Troncoso, xerente de Datafish, referíuse á observación eletrónica, a instalación e calibramento das cámaras en función da arte e do buque, e o funcionamento de todo o sistema de observación; as cámaras, dixo, son utilizadas só no momento da pesca, enflcanbdl a manobra e o manexo das capturas. As imaxes son almacenadas en discos e encriptadas, o que imposibilita a súa modificación e/ou visionado. Aportan unha grande cantidade de información, que pode ser utilizada para a realización de cambios na normativa.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.