O prazo para presentar textos ao concurso de microrrelatos pola igualdade da Pobra estará aberto até o 30 de marzo

21 Marzo 2023

As actividades deseñadas arredor do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, continúan en marcha na Pobra do Caramiñal. A Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), lanzou unha ampla programación cunha especial énfase nos eidos educativo e social. Entre estas actividades atópase a segunda edición do concurso Igualdade, conta comigo!, certame que marca a compoñente literaria.

Trátase dun concurso de microrrelatos orientado á poboación adolescente e adulta para fomentar uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero. Repartirá 600 euros en premios e o prazo de presentación mantense aberto ata o día 30 de marzo. Preténdese así impulsar un exercicio de reflexión, sensibilización e difusión.

As bases están ao dispor das persoas interesadas en www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...