O Museo de Artes de Ribeira celebra co apoio da Xunta o 50 aniversario do pasamento de Picasso cunha mostra de gravados do artista

31 Marzo 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da programación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso, que conta co apoio da Xunta de Galicia. O programa cultural específico para esta ocasión arranca cunha primeira mostra, Gravados ao linóleo de Pablo Picasso, que estará aberta ao público ata finais de abril.Está conformada por 44 linogravados que recollen parte do traballo nesta técnica realizado polo pintor entre os anos 50 e 60.

No acto, o representante da Consellería de Cultura destacou a vinculación do Museo de Artes coa figura de Picasso, dado que custodia distintas obras do artista. Así mesmo salientou a súa aportación, con varias pezas, a Picasso, branco no recordo azul, a gran exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista, que xa se pode visitar no Museo de Belas Artes da Coruña. Neste senso, aproveitou para agradecer publicamente á institución ribeirense o préstamo desta obra.

O acto de inauguración completouse coa presentación, no mesmo museo, da obra Unha historia da arte galega, do historiador Carlos L. Bernández, na que fai un percorrido desde as mámoas e os petróglifos ata as tendencias estéticas das últimas décadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.