O Coworking da Pobra recibe a visita de alumnado de Dietética do IES da localidade

28 Marzo 2023

Nova xornada de emprendemento no Coworking da Pobra do Caramiñal neste 28 de marzo. Unha vintena de estudantes do ciclo superior de Dietética do IES pobrense achegouse para coñecer de primeira man o espazo de traballo colaborativo e os recursos que a Administración local pon á disposición das persoas que desexaren emprender.

A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), indicou que a actividade encádrase nos encontros municipais destinados a fomentar o espírito emprendedor e dinamizar este servizo municipal que tamén busca a fixación da poboación.

Na compaña de Fátima Rodríguez, encargada da asistencia técnica, durante a visita compartiron experiencias e unha visión do mercado laboral, ademais das ideas de negocio que abrollan no centro pobrense impulsadas da man de xente moza da comarca, para así lle ofrecer ao alumnado exemplos próximos de aposta polo autoemprego.

Creado en 2017, o Coworking da Pobra consta dunha área de 143’23 metros cadrados con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con cabida para 8 módulos destinados a persoas emprendedoras que fagan uso desta prestación de maneira continuada, e o espazo Nómades, con 2 módulos dirixidos a quen utilice o centro de xeito puntual.

Xa en 2022 foi cando se formalizou a súa integración na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, polo cal o Concello pobrense participa en reunións técnicas coma a que terá lugar no Green Coworking das Pontes no 29 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.