O bus do CDG no Barbanza sairá de Ribeira o día 22 para levar aos seareiros á representación de Shakespeare en Roma, en Santiago

01 Marzo 2023

O Centro Dramático Galego, a través do seu Plan de Mobilidade, proporcionará medios de transporte aos concellos da nosa comarca para permitir que os afeccionados ás artes escénicas poidan acudir ás súas representacións en Santiago. O plan, do que xa puideron gozar veciños e veciñas de Rianxo, Boiro e Ribeira en anteriores representacións do CDG, seguirá activo para o seu novo espectáculo, Shakespeare en Roma, co-dirixido por Quico Cadaval (Ribeira, 1960).

O bus terá saída de Ribeira o vindeiro 22 de marzo ás 17.00 horas. A actividade terá un prezo de 3 euros que inclúen transporte e billete para o teatro (o importe abonarase na billeteira en Compostela).

Como dixemos, a obra seleccionada é Shakespeare en Roma, unha representación composta de catro pezas coas que o autor achegouse ó mundo dos clásicos: Tito Andrónico, dirixida por Quico Cadaval, Xulio César, dirixida por María Barcala e Xúlio Lago, Antonio e Cleopatra, por Sara Rey, e Coroliano, dirixida por Rui Madeira.

A través destas versións condensadas en 35 minutos os directores e directoras pretenden compartir co público de hoxe a reescrita dos textos shakespearianos ao tempo que poñen o foco nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

Pódese reservar praza enviando un correo co nome, apelidos e un teléfono da persoa interesada ao enderezo normalización@ribeira.gal ou no teléfono 981 835 65, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

110 persoas participaron na ruta rosaliana As Pegadas de Rosalía

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión