JEALSA, Cruz Vermella e uns 150 nenos de Boiro e A Pobra repoboan con especies autóctonas o miradoiro da Figueira

17 Marzo 2023

A Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro, coa colaboración da conserveira local JEALSA (a través do seu programa We Sea de Responsabilidade Social Corporativa), realizou unha plantación de árbores autóctonas no miradoiro da Figueira de Boiro. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Ludieduca e nela participaron preto de 150 nenas e nenos dos centros educativos boirenses de Abanqueiro, Cespón, Escarabote, Santa María do Castro; así como os centros Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal.

Baixo o lema Co teu compromiso evitaremos os incendios a rapazada participante puido coñecer, a través da charla impartida por axentes ambientais do Distrito Forestal de Noia, o gran valor que ten a natureza e o efecto devastador que causan os incendios.

O proxecto Ludieduca naceu no ano 2012 como experiencia piloto da asemblea de Cruz Vermella en Boiro e, grazas á colaboración de JEALSA, na actualidade a súa actuación realízase en centros educativos de Boiro e a Pobra do Caramiñal. O seu obxectivo, explican as dúas entidades, “é fomentar a participación na sociedade e a educación en valores dos máis pequenos a través de actividades lúdico-educativas”.

Na aula, os nenos e nenas en idades comprendidas entre os 8 e os 9 anos, traballan temáticas diversas como a igualdade, a integración de persoas inmigrantes, a alimentación, os hábitos de vida saudábeis ou o medio ambiente, entre outras cuestións. Ademais, desenvólvense actividades de lecer e tempo libre fóra do centro educativo e unha excursión cultural anual.

O acto, que, por inclemencias meteorolóxicas (a intensa chuvia que asolou este venres pola mañá a comarca), celebrouse no pavillón de deportes da Base Aérea EVA-10, contou tamén coa participación do alcalde de Boiro, José Ramón Romero e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a responsábel de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo

“Desde o noso programa de RSC We Sea e a través de LudiEduca, queremos concienciar aos máis pequenos que o coidado do medio ambiente é responsabilidade de todos e que está nas nosas mans procurar que non volvan producirse incendios como o que o pasado ano arrasou a nosa serra. Estamos seguros de que coa actividade desta mañá os nenos e nenas non só contribuíron a dotar a este espazo de máis árbores, senón que axudan a unha maior concienciación de toda a sociedade. O noso agradecemento a todos os participantes e sobre todo a Cruz Vermella por facer realidade este proxecto”, manifestou Margarita Hermo.

Como broche final ao evento, representantes dos centros leron un manifesto no que, entre outros temas, puxeron de relevo “a preocupación polos incendios que ano tras ano estanse a producir non nosos montes. Lumes que afectan ás nosas vilas, ás nosas casas e aos bosques.. O lixo, as fogueiras e as botellas de vidro fan que cunha simple faísca prenda o lume e se destrúa a natureza. Pedimos máis cortafogos, máis multas e máis vixilancia. Manteñamos os bosques limpos para coidar ou medio ambiente”.

Todos os centros foron obsequiados cunha árbore coma as que se plantaron finalmente na Serra do Barbanza, “para que os escolares e os profesores se encarguen de plantalas e coidalas nos seus respectivos centros docentes”, engadiron dende JEALSA e Cruz Vermella Boiro.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...