Inaugurada no Son a mostra que nos mergulla na historia do noso mar (do proxecto Rimartes)

19 Marzo 2023

Este venres 19 a Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a inauguración da mostra Mergulla na Historia do Mar, do proxecto Rimartes. No acto estiveron presentes o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, a tenente de Alcalde, María Maneiro, o concelleiro de Cultura, Juan Pouso e membros do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro.

A mostra poderá verse até o 31 de marzo.

A exposición é o froito dun exhaustivo percorrido polo litoral noroeste de Galicia para mostrar a riqueza do patrimonio subacuático.

Reúne as fotografías gañadoras do I Certame Rimartes de FotoSub en Pecios e unha escolma de imaxes que poñen o foco nos vencellos dos naufraxios cos enclaves naturais.

Tesouros submarinos agochados nunha imaxe premiada por Rimartes de Jesús Zamora

Rimartes é o proxecto no que se enmarca a exposición, que é promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible, Golfo Ártabro Sur e Costa da Morte. A iniciativa é co-financiada con fondos europeos e procura favorecer a economía local a través do turismo experiencial e de mergullo, potenciando o que o proxecto cualifica como “museos no fondo do mar” na franxa litoral que comprenden os tres GALPs entre os municipios de Bergondo e Porto do Son.

A través de Rimartes preténdese impulsar un turismo emocional capaz de atraer visitantes locais, nacionais e internacionais ao longo de todo o ano para colaborar coa desestacionalización do sector.

Outros artigos

Volven os Talleres de Memoria de Porto do Son

Co inicio do curso escolar volven a Porto do Son os Talleres de Memoria para Persoas Maiores (a partir de 55 anos), un conxunto de actividades gratuítas, participativas e creativas que teñen o obxectivo de mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...