O Museo de Artes do Gravado (Artes, Ribeira) vai acoller esta semana unha nova exposición. Será o sábado 11 ás 12.30 horas cando se inaugure a mostra Gráfica en Tránsito, obra gráfica contemporánea arxentina, na que cal participan artistas de renome como como Graciela Buratti, Gustavo Larsen, Marina Rothberg e Mara Sánchez. Contarase coa presenza do presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, Manuel Ruíz Rivas, do cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Doval, e do director do Museo de Artes do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Para máis información, cómpre visitar a web do museo ou o sitio de seu en Facebook.




