“En Nadal comeremos quilovatios da costa galega: frescos a saltar”. Antón Luaces

13 Marzo 2023

O titular non é totalmente meu. A idea corresponde a un curmán capitán nun pesqueiro que sacude os salseiros alí onde mar brúa e o vento laia, onde os sonos son breves e os soños inquedos.

Patrón, capitán, mariñeiro, que máis da?.

Un armador de artes menores concreta: “Na concentración  -do pasado sábado- había máis políticos e sindicalistas que mariñeiros”.- E sentencia: “Unha porcentaxe moi elevada de barcos están desexando que dean subvencións para seren despezado”. E clarexa: “Non houbo intención algunha por parte das confrarías ou asociacións de pescadores por concienciarnos do que están a facer estas políticas”.

É así como o sector pesqueiro vai prantar cara á eólica mariña?, pregunto. Ou terá razón ese meu curmán cando afirma, convencido: “Ao remate, todo deus irá pedir choio a Iberdrola”.

E será?….

Pode ser. Xa foi antes.

 Ollo ao que pasa coas verteduras velenosas dunha mina á ría de Muros-Noia. Foi, é e será. Dicimos. Mais non facemos. Falamos e  ven o da buguina e non nos permite escoitar o que din os que falan. O dito: quilovatios.

Os partidos políticos non sei se calan ou non falan porque nada teñen que dicir. Algún sí, algún dí cousas con sentido, pero non atopa apoios dabondo para facer valer o que pensa.

De verdade hai neste país que tivo tranchos quen se ocupe de que non lles parcelen e “poligonicen” a escasa plataforma da que tanto peixe e marisco “sacaron” os que andan ao mar?. É así, como pasou o sábado, como pensan defender o pan dos fillos? Sentados a ver como rebentan as nubes levadas e traídas  pola surada?.

Eis os loitadores, os que se queixan porque non dan vendido os barcos, que non son os que defenden os seus para seguir a pescar senon para que se lles pague canto máis millor polo despece deles. Sí, e despois todo deus a pedir choio en Iberdrola, non sí?.

Ai, Galicia, Galicia, Galicia mariñeira, pescadora, non hai quen poda. Un quilo de quilovatios para fritir con patacas novas, repolos de Betanzos e máis cebolas.

Outros artigos

“Venezuela puede ser un ejemplo para el sanchismo”. Arturo Maneiro

Desde antes de las elecciones en Venezuela se han venidomanteniendo, en España, tesis sobre los posibles cambios derégimen en aquel país, todas ellas sin fundamento en la realidad.Porque se ha demostrado una vez más que los militares son los quemandan, son el poder...

+

“Melide, a de máis ovos” – Antón Luaces

Trataban os melidenses de gañar un título de honra: a vila coa maior tortilla española do mundo. E abofé que acadaron esta fin de semana o que con tanto afán perseguían. Todo, grazas a unha tortilla de seis metros de diámetro, 1.700 quilos de pataca, 30 quilos de sal,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

O dito é ben certo. E no que atinxe ao mar, moito máis.  Galicia precisa, dende vai anos, un director/a xeral de Pesca que, as ordes dun conselleiro/a do Mar ou de Pesca, coordinen o labor que lles corresponden en concordancia co sector pesqueiro que, dende vai...