“Ecosistemas, corredor de tráfico mariño, pesca e que máis, ministra?”. Antón Luaces

08 Marzo 2023

Imos levarnos ben, disque dixo en Ferrol a vicepresidenta terceira do Giberno e  ministra   de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, convencida ao parecer de que os polígonos da eólica mariña a instalar en Galicia van salvar a Ferrolterra e os seus habitantes grazas a que estes vivirán coma deus por mor da súa adicación  á construción  de muiños de vento a instalar entre 20 e 25 quilómetros de distancia da costa.  Ferrol e a súa comarca van revivir, polo tanto,  aqueles anos 60 do século pasado cando  se construían buques de guerra e petroleiros sen necesidade de enfrontamentos. Imos ser o centro operativo de empresas eléctricas que cotizarán en España e non nos Países Baixos por máis que empresas chinesas manden ducias e ducias de pás para os aeroxeradores cuxo zunido, semellante ao emitido por millóns de abellas xuntas,  espante aos paxaros, peixes, aves mariñas e mamíferos mariños do noroeste da península Ibérica.

Que pregunten a que xoga a eólica mariña en Viana do Castelo, na veciña Portugal, onde xa saborean os meles que o Goberno central, a Xunta de Galicia e a Comisión  Europea nos prometen tamén aos galegos, eses seres que non se sabe se suben o baixan  cando os atopas na escaleira.

Meus pobres!. Perderemos a pesca, pero gañaremos 75.000 postos de traballo na eólica mariña (que durarán uns anos -poucos- e despois virá a reconversión, coma no caso da construción naval).

Pero está visto que o sector da pesca é quen paga os pratos rompidos.

O de sempre, pobriños os galegos. Agora que temos dúas ministras da terra e de portos de mar : unha de Economía e outra de Traballo que, xunto co ministro de Agricultura e Pesca -que non é galego pero sabe latín- serían os que máis terían que dicir neste desconcertó do que tamén falta o diagnóstico do Instituto Español de Oceanografía, ausente neste entramado de asubiantes aspas cando., na realidade, os seus informes sobre stocks de diferentes especies de peixes da costa  galega deberan ser imprescindibles, nomeadamente para sabermos se a localización deses polígonos citados é ou non é compatible coa pesca.

Sí, imos ser bós. Non a caguemos, agora que entramos en precampaña electoral…

O futuro de oito macro parques de enerxía eólica mariña en augas de Galicia e Asturias non se pode destragar. Que son nove polígonos, un corsé de aeroxeradores que apretarán as nádegas mariñas desta terra de trasnos e meigas desde as Rías Baixas ata Xixón. Que importa que protesten as confrarías,  os armadores, os conserveiros, se o Miteco vai sairse coa súa?. Enerxía eléctrica por pescada, para que Madrid e Bruxelas  digan que cumprimos o previsto, o Acordo de París e que a Xunta siga a mandar á capital de España galegos que calan cando deben falar e falan  cando millor estarían calados.

Desde o corredor de separación do tráfico marítimo de Fisterra seguiremos a ver pasar  os grandes buques procedentes de China ateigados de pás para os aeroxeradores, con Ferrolterra a velas vir.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.