As Brigadas Deseucaliptizadoras comezan marzo con dúas intervencións en Darbo (Cangas) e Vilacova (Lousame), esta finde

03 Marzo 2023

A acción das Brigadas Deseucaliptizadoras, creadas en Lousame (Froxán) para liberar de maneira participativa e colaborativa os nosos montes de especies invasoras, vai comezar con forza este mes de marzo. Farao, por unha banda, traballando coa Comunidade de Montes de Darbo (Cangas) nunha nova roga no Morrazo este sábado 4. “Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira. Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar”, explican dende as Brigadas, que fan un convite, xunto coa Comunidade de Montes, a toda a veciñanza do Morrazo para “traballar connosco e ceibar o noso monte dunha especie foránea adaptada a climas alleos extremadamente secos que, a día de hoxe, avanza sen control e supón a principal ruína do monte e dos bosques de Galiza e Portugal”.

“Coa firme vontade de botarse ao monte e traballar, estamos a tempo de salvar o futuro do monte galego, así como o noso espacio como parte dunha natureza que, en definitiva, é a casa de todas e todos”, explican.

A segunda cita será ao día seguinte, o 5 de marzo, moi preto de Froxán: en Vilacova, tamén en Lousame. Darase continuidade ao traballo iniciado en maio de 2021, cando as Brigadas Deseucaliptizadoras iniciaron o traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde foron esnaquizados e tripados os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo as voluntarias e voluntarios volven á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. “Nesta xornada”, explican, “continuaremos eliminando os rebrotes para rematar de secar os eucaliptos na zona que quedou sen intervir e ao rematar o traballo, seguiremos cun xantar comunitario”.

As Brigadas

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o país con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Faise mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Outros artigos

Centos de peregrinos enchen as rúas da Ría da Estrela

"Algunhas mañás cruzábame con parellas de peregrinos ou pequenos grupos. Eran unha anécdota, pero ao final desta primavera a cousa mudou. Primeiro comecei a encontralos todos os días, despois o número foi medrando e sen decatarnos os peregrinos pasaron a ser parte...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.