A mostra sobre o autismo de Amicos chega en Lousame ao punto e final do seu periplo polo Barbanza

06 Maio 2024

Tras máis dun mes de travesía pola comarca do Barbanza, a mostra informativa deseñada pola asociación comarcal Amicos con motivo do mes de concienciación sobre o trastorno de espectro autista chegou este luns 6 de maio a Lousame, o último punto do seu percorrido. Alí déronlle a benvida o director xeral de Familia e Infancia, Jacobo Rey, a alcaldesa do municipio, Teresa Villaverde, a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o primeiro tenente de alcalde, Ramón Martínez. Tamén asistiron os alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro.

A cita foi na praza do Concello de Lousame e arrincou cunhas palabras da vicepresidenta de Amicos. Nelas Digna Iglesias quixo salientar “o papel do equipo e das e dos integrantes da comunidade de Amicos, tanto do Centro de Educación Especial como do Centro de Atención Integral, por facer posíbel este tour co que achegar o autismo aos veciños e veciñas”. Tamén tivo palabras de agradecemento para os Concellos e aos colexios da comarca “por participar nesta iniciativa de sensibilización que axuda a coñecer e normalizar o TEA”.

De seguido, a rexedora do municipio lousamián, Teresa Villaverde, puxo en valor esta iniciativa de Amicos así como “o seu traballo de apoiar ás persoas que teñen trastorno do espectro autista, entre outros”. Tamén se referiu á importancia dunha sociedade inclusiva e igualitaria na que se “acepte a cada persoa respectando as súas particularidades”. Para iso, a alcaldesa destacou o papel dos mestres e mestras, profesión desempeñou moitos anos.

A continuación interviron os nenos e nenas de CEEPR, que leron un manifesto no que quixeron poñer o aceno na importancia de aceptar as nosas diferencias e na necesidade dunha educación na que o alumnado reciba unha atención de calidade o máis personalizada posible. Mariana, Eric, Fran e Aroa foron os encargados de poñer voz ás reivindicacións dos seus compañeiros e compañeiras dun apoio adaptado ás necesidades do alumnado.

Jacobo Rey foi o encargado de pechar esta primeira parte do acto, destacando que “dende a Consellería de Política Social e Igualdade estamos encantados de participar nesta iniciativa nun concello ao que lle temos tanto cariño como é Lousame”. O director xeral de Familia e Infancia da Xunta falou da importancia da mostra para “seguir fomentando a concienciación e o coñecemento sobre o autismo, un trastorno que afecta a aproximadamente o 1% da poboación, aspecto no que se ten avanzado moito nos últimos anos”. Asemade, declarou que “favorecer a inclusión de todas as persoas é un deber da sociedade. Nese sentido, que participemos unidos entidades como Amicos, Concellos como o de Lousame e o resto de municipios do Barbanza, e por suposto as institucións como a Xunta, fai que sexa máis sinxelo favorecer esa concienciación”.

Unha vez realizada a presentación dos tres tótems informativos, os asistentes puideron desfrutar do xogo de vocabulario, no participaron tanto o alumnado de cuarto do CPI Cernadas de Castro como o do CEEPR de Oleiros. Os cativos e cativas do CEEPR de Amicos foron, unha vez máis, os encargados de conducir este Pasapalabra do TEA. Durante a dinámica, os e as participantes demostraron un alto coñecemento en aspectos claves sobre o TEA.

A xornada rematou cos cativos e cativas do CPI Cernadas de Castro e os do CEEPR de Oleiros xogaron xuntos no parque, mostrando que o xogo é a mellor forma de inclusión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...