Aparece o cadáver dun home de 78 anos nunha caravana en Ribeira

31 Marzo 2023

Esta tarde, os equipos de emerxencia interviñeron noutro suceso en Ribeira, concretamente na rúa Álvaro Cunqueiro. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia, sobre as dúas deste mediodía, para pedir axuda. Indicaba que non era capaz de abrir a porta da caravana onde reside un familiar. Segundo a información facilitada polo alertador ao 112, o varón non respondía aos intentos de comunicación malia que era posible distinguir a súa presenza no interior do vehículo. Ata o lugar, desprazáronse de inmediato os Bombeiros de Ribeira, tras ser informados polo 112 Galicia. 

Así, desde o 112 ademáis de pasar aviso aos Bombeiros, informouse dos feitos aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén, aos membros do GAEM (Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal) e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, os bombeiros, tras acceder ao vehículo, constataron que o home estaba falecido.

Os axentes da Policía Local e Nacional, que investigan as causas do suceso, tamén foron informados polo 112 Galicia. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...