Amicos clausura o seu curso de cáterin no concello da Estrada

08 Marzo 2023

A asociación barbanzá Amicos clausurou este mércores 3 de marzo o curso Servizo de Cátering,
pertencente ao seu programa Más Empleo que desenvolve a entidade con sedes en Boiro e Ribeira coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. A formación impartiuse no viveiro de Empresas da Estrada e contou coa colaboración de Valenciaga Cáterin e o Concello.

Os dez alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas na modalidade presencial.

A empresa Ara Formación foi a encargada de impartir a ensinanza, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.

O peche acudiu José López Campos, alcalde da Estrada, quen afirmou que “para o Concello foi un pracer ceder espazos para contribuír á formación dos que máis o precisan”. Con isto, dixo, “aproveito a ocasión para felicitar ás persoas que completaron a formación, estou convencido que con este tipo de cursos, que teñen unha elevada demanda, favorécese a posibilidade de inserción no mundo laboral”.
Tamén estivo presente Óscar Dúran, concelleiro de emprego da Estrada, quen dixo que “desde o Consistorio da Estrada atopámonos a disposición das persoas máis vulnerábeis para o que necesiten” e agradeceu á Asociación Amicos a súa aposta e compromiso co Concello da Estrada.

Como dixemos, a formación desenvolveuse grazas ao apoio da empresa local Valenciaga Cátering, que no ultimo ano foi galardoada co premio Xove Empresarix Pontevedra 2022, outorgado pola Asociación de Empresarios Novos (AJE) de Pontevedra.

O seu xerente, Óscar Rivas, quen estivo presente neste acto, animou aos participantes a perder o medo e iniciarse no mundo da hostalería, xa que as condicións do sector evolucionaron e é unha moi boa opción de emprego.

Doutra banda, Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara o mundo laboral.

Entre os asistentes tamén estiveron Rosa Agrelo e Marta Besada, técnicas de Amicos no programa Más Empleo que quixeron agradecer o alumnado o seu interese e constancia ao longo de todo o curso. Asemade, dedicaron unha palabras de agradecemento ao Concello de A Estrada e o grupo Valenciaga Catering.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.