Ambar achega unha manchea de celebracións con motivo do Día da Muller

08 Marzo 2023

A Asociación Ambar das persoas con Diversidade funcional, con sede na nosa comarca, realizou nesta xornada varias accións para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller.

Unha delas foi visitar as instalacións de CONGALSA para levar un obsequio ás traballadoras da corporación. Mari Carmen Crugeiras, María Helena Oujo, Sonia Alonso, Mónica Rial e Sonia Piñeiro foron as mulleres que representaron a Ambar entregando un agasallo a todo o equipo da empresa na sede de CONGALSA para conmemorar o 8-M. Tamén estivo presente Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar.

A asociación tamén participou no Consistorio de Boiro nas homenaxes ás mulleres organizadas polo Concello. Organizouse un roteiro da memoria a través da figura das veciñas senlleiras de Cimadevila. Paula Ramallo, Manola Davila, Vanesa Mirás e Noelia Argibay leron un manifesto acompañadas das entidades Cruz Vermella e Asociación Amicos.

As integrantes que representaron a Asociación Ambar puxeron en manifesto o seu compromiso
na loita polo apoderamento das mulleres con diversidade funcional, convivindo en valores de igual dade, respecto e apoio mutuo.

Activas na comarca e na Rede
Ademais da participación nos actos desta mañá, parte das usuarias de Ambar xuntáronse para realizar un vídeo reivindicativo a través da poesía para conmemorar o Día Internacional da Muller. Dito vídeo está xa circulando polas redes da asociación e tamén pode verse na canle de Youtube da mesma.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.