Adriana Rego, técnica de Recursos Humanos do Grupo Cycle, visita a sede de Ambar

23 Marzo 2023

Este xoves 23 de marzo a técnica de Recursos Humanos e administración do Grupo Cycle, Adriana Rego, visitou as instalacións da Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional en Ribeira. Fíxoo para dar unha charla enmarcada dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está a impartir no Centro de Recursos da Asociación Ambar (Frións, Ribeira), unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e polo Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).

Á xornada asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. A través desta acción
trátase de promover a sustentabilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así
como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non
integradas nos sistemas de educación ou formación.

Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da
formación; Daniel Tojo, orientador laboral; Irene Paz, mestra da formación e Laura Pego, coodinadora de comunicación.

O acto dividiuse en tres partes: presentación, rolda de preguntas e un café con charla informal. Na súa intervención, Adriana abordou temas relacionados cos procesos selectivos que se levan a cabo na súa empresa, sobre como abordar o perfil profesional, de como facer unha busca de traballo efectiva a través das plataformas dixitais de emprego, ou sobre cales son as aptitudes e actitudes máis demandadas no mundo laboral, as coñecidas como soft skills e hard skills.

A deste xoves 23 foi a terceira xornada dun ciclo de conferencias con profesionais con experiencia na Industria Alimentaria, o cal comezou o pasado xoves 16 ca charla do xefe de cociña de Gastrolab Arousa, Miguel Mosteiro, seguíndolle a charla de Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos de
CONGALSA.

O vindeiro xoves día 30, contaremos ca presentación de Melisa Cespón, encargada de compras e azafata de eventos en Chicolino Restauración.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.