A Semana Santa de Porto do Son recupera todas as súas actividades relixiosas tradicionais

27 Marzo 2023

A Capela da Atalaia acolleu este sábado 25 de marzo a presentación oficial dos actos da Semana Santa de Porto do Son. Contouse coa presenza do alcalde Luis Oujo, dos concelleiros de Cultura e Turismo, Juan Pouso Avilés e José Manuel Deán Pouso; do bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández; dos párrocos locais, José Ramón Jorge Mosquera e Antonio Vila Brión; e do irmán maior da Confraría da Paixón do Noso Señor, Juan Pérez Pouso. O pregón da presentación veu da man de monseñor Francisco José Prieto Fernández.

Na cita Juan Pérez Pouso explicou que “tralo pasado ano de transición, no presente recuperaremos todos as celebracións como de costume, iniciándoo coa procesión do Venres de Dores”. Tamén botou luz sobre a principal novidade da axenda: a presenza, na procesión do Ecce Homo do Xoves Santo, da cohorte de romanos da Irmandade do Cristo da Misericordia, de Boiro.

Polo que respecta ao alcalde, Luis Oujo, quixo lembrarse dunha persoa fundamental nos actos litúrxicos da Pascua local: o párroco José Santos Montemuíño. Tamén tivo unha mención especial para todos aqueles que colaboran coa Confraría da Paixón para “que a Semana Santa local siga adiante”. O párroco José Ramón Jorge Mosquera fixo unha breve presentación do pregoeiro deste ano, o bispo auxiliar de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen realizou un emocionante pregón aplaudido polos presentes.

-Venres 31 de marzo (Venres de Dolores)

Ás 20.00 horas. Na igrexa parroquial, misa na honra da Virxe e en memoria dos cofrades falecidos e posterior procesión.

-Domingo 2 de abril (Domingo de Ramos)

10.30. Reunión na praza de España, onde se bendicirán os ramos.

11.00. Procesión da Borriquita, dende a praza de España e posterior misa na igrexa parroquial.

-Martes 4 de abril (Martes Santo)

22.00. Procesión do Via Crucis, dende a Capela da Atalia.

-Xoves 6 de abril (Xoves Santo).

18.00. Na igrexa parroquial, misa e posterior procesión do Ecce Homo.

-Ventres 7 de abril (Venres Santo)

11.00. Na praza de España, representación do Santo Encontro (se chove na igrexa parroquial).

18.00. Na igrexa parroquial, liturxia, Desencravo e posterior procesión do Santo Enterro.

23.00. Proceso da Soledad, dende a Capela da Atalaia.

-Domingo 9 de abril (Domingo de Resurrección)

11.00. Dende a Capela da Atalaia, procesión de Xesús Glorioso, Encontro de Resurrección na praza de España e posterior misa na igrexa parroquial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.