A Semana Santa da Pobra volverá ser un referente relixioso, cultural e turístico

24 Marzo 2023

A Semana Santa da Pobra será novamente un referente de cantas celebracións se desenvolven en Galicia, non só polo compoñente relixioso (cos programas de actividades das dúas parroquias da vila, Santiago da Pobra do Deán e Santa María A Antiga), senón tamén pola vertente turística e cultural impulsada polo Concello, da que dimos conta os días pasados dende O Barbanza.

No que se refire á parroquia de Santiago da Pobra do Deán, os actos comezarán oficialmente o Domingo de Ramos (2 de abril) coa Bendición dos Ramos e a misa en Santa Cruz (ás 10), coa Bendición de Ramos no adro do Castelo (ás 11.30 horas), coa misa ás 11.45 horas e coa procesión de Ramos (A Borriquita, acompañada do grupo Xiada da Pobra) ás 12.30 horas. Ás 13.00 será a misa á recollida da procesión é ás 20.30 está prevista outra misa no Castelo.

A axenda do Mércores Santo comezará coas confesións ás 18.00 horas e coa misa da Cofradía do Santo Enterro e da Nosa Señora da Soledad, ás 20.30 horas.

O Xoves Santo comezará coas confesións ás 10.00 horas e proseguirá pola tarde (ás 19h) coa misa vespertina da Cea do Señor e a Procesión do Bico de Xudas e A Sentencia, acompañada da Banda Municipal de Vilanova. Ás 23h será a Hora Santa.

O Venres Santo están previstos ás 18h os Oficios da Paixón do Señor. Ás 19.30 horas será o Sermón do Desencravo e, logo, a Procesión do Santo Enterro (coa Banda de Música de Valga). O programa do Sábado Santo inclúe a Procesión da Soledad (ás 21.30h) e a Solemne Vixilia Pascual (ás 22.30h). O Domingo de Resurrección haberá misas ás 10h (no Castelo), ás 11 (en Santa Cruz), ás 12 (no Castelo: Pascua Infantil) e ás 20.30 (no Castelo).

A axenda de Santa María a Antiga comeza o 31 de marzo (Venres de Dolores), cunha misa solemne ás 20 e a procesión ás 21. O Sábado de Paixón (1 de abril) vén cunha misa (ás 19.30) e o pregón da Semana Santa a cargo de Francisco José Prieto Fernández, bispo auxiliar de Santiago (ás 20.30 horas).

O Domingo de Ramos (2 de abril) haberá bendición de ramos, procesión e celebración da eucaristía, ás 11.30 horas no Cantón da Leña. O Mércores Santo celebrarase o Vía Crucis ás 22 (con saída da capela do Cemiterio). O Xoves Santo están previstos os oficios ás 18, a procesión ás 19 e a celebración da Hora Santa ás 23. O Venres Santo comezará co Sermón e a Procesión do Encontro (ás 11.00 na praza de García Martí) e seguirá cos Oficios da Paixón do Señor (ás 18.30) e a Procesión dos Caladiños (ás 23h). O Sábado Santo inclúe a Santa Vixilia Pascual das 22h e o Domingo de Resurrección a misa das 11.30h e a Procesión do Resucitado ás 12.30.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...