A Pobra e a USC achegan formación sénior en socioloxía, patrimonio e historia

09 Marzo 2023

Unha nova edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia (programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela) chega á Pobra do Caramiñal a finais do presente mes de marzo. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa técnica municipal Fita Sanisidro, informaron de que esta sexta convocatoria posibilita que a veciñanza maior de 50 anos se forme en socioloxía, patrimonio e historia da arte seguindo a metodoloxía teórico-práctica con persoal docente vencellado ao proxecto.

O seminario Idadismo: desterrando prexuízos, a cargo de Nieves Rodríguez Solar, abrirá no día 22 a impartición das materias e continuará no día 24 coa parte práctica.

No día 23 tocará aprender da man de José Manuel Vázquez Lijó con Os Pazos: un microcosmos de antano, con desprazamento programado para o día 30 ao Pazo de Goiáns, en Boiro.

E Mónica Rey Cabezudo ofrecerá Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego no día 28, para levar ao terreo os coñecementos adquiridos coa visita ás igrexas de Santiago do Deán e Santa María a Antiga do Caramiñal, así como á Torre de Bermúdez, no día 29.

As aulas desenvolveranse en horario de 16.30 a 18.00 horas, no Auditorio do Museo-Valle-Inclán, agás para aquelas sesións que requiren saídas. A matrícula é de balde e tramitarase na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...